sábado, 8 de octubre de 2011

Relación afectivo-sexual entre pais e fillos

Neste post fago referencia os puntos máis importantes a ter en conta dos documentos que tratan sobre a relación afectivo-sexual entre pais, nais e fillos.

En primeiro lugar, os pais e nais deben ter en conta que calquera persoa adulta relacionada cunha nena ou cun neno educa a afectividade e a sexualidade, guste ou non, xa que os cativos, nestas idades son como esponxas, atenden a todo o que ven e escoitan; perciben os sentimentos e pensamentos máis alá das palabras. Non se debe esquecer que a malloría dos aprendizaxes infantís danse por imitación.

É frecuente que nais, pais e mestres co afán de darlles a oportunidade de ter unha vivenza da sexualidade máis libre ca propia, "fagan teatro", e interpreten un papel que non corresponde co que senten e son.

O mellor punto de partida é recoñecer os propios desexos, saberes, avances, dificultades, medos, pudores, etc. e aceptalos. Só así é posible dicir a verdade e buscar as maneiras de facer educación afectiva-sexual sentíndose ben. Elo implica aceptar os propios límites e necesidades (tanto de recursos, como de información ou de apoio), valorar as propias conquistas e avances en relación o que foi a nosa propia infancia, e recoñecer que é un avance histórico facer unha educación sexual máis sana e libre ca recibida.

Cando as persoas maiores se mostran como son antes fillos ou fillas, alumnos ou alumnas, estanlle a trasmitir que elas e eles tamén poden ser e expresarse como son, que aceptan a súa curiosidade, as súas cuestións e súas demandas.

Hai que ter en conta que a calidade da relación é máis importante cas mensaxes que se dan ou se deixan de dar, porque nela, aínda que non se teñan todas as respostas, a criatura aprenderá a expresar seus medos e inquetudes. E esta relación pode ser fonte de aprendizaxe para a persoa adulta.

En definitiva, para facer educación sexual non hai que forzar a nada, nin finxir ser outra persoa. Falar dos propios temores, dudas e experienzas é enseñar os nenos e nenas a mostrarse como son, é enseñar a aceptarse e aceptar os demáis.

Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil

Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.

Bloque de contidos: Identidad e propia imaxe

Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións

Fonte de documentación: La educación sexual de la primera infancia e Educación Afectivo Sexual en la Educación Infantil-Guía para el profesorado. Lexislación da Educación Infantil, Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario