Entre os documentos proporcionados pola nosa profesora a través da plataforma Faitic seleccionei dous que me pareceron especialmente interesantes para que o profesorado obteña a información necesaria para tratar a sexualidade nas aulas. Son os seguintes:
Este documento ofrece moita información sobre o que é a sexualidade e como debe ser tratada na aula. Parécenme especialmente útiles os decálogos incluidos ao comezo do documento: sobre a sexualidade, sobre a educación sexual e sobre o propio libro blanco. Estas dez ideas sobre a sexualidade e a educación sexual deberían ser o punto de partida de toda actividade de educación sexual que se leve a cabo en calquera ámbito, pero especialmente na escola.
O enlace ao documento é este:
Este documento é un breve manual de aspectos relacionados coa sexualidade e a educación sexual. Nel inténtase definir o concepto de sexualidade, detállase a expresión da mesma nas diferentes etapas da vida, danse diferentes opinións que hai acerca da educación sexual e remátase detallando as pautas básicas do que debe ser a educación sexual. Este material destaca sobre todo porque expón as ideas de forma clara e concisa, de maneira que pode resultar útil para un primeiro achegamento ao tema da sexualidade. Este documento ten unha segunda parte que trata a anatomía e a fisioloxía masculina e feminina e os métodos anticonceptivos.
Os enlaces aos materiais son os seguintes:
1ª parte:
http://193.146.32.240/tema1112/claroline/document/goto/index.php/Documentos_profesora_M%AA_del_Carmen_Cid_Manzano/Archivos_de_inter%E9s/Nuestra_Sexualidad.pdf?cidReq=O05G110V01_G110301
2ª parte:
http://193.146.32.240/tema1112/claroline/document/goto/index.php/Documentos_profesora_M%AA_del_Carmen_Cid_Manzano/Archivos_de_inter%E9s/Nuestra_Sexualidad2.pdf?cidReq=O05G110V01_G110301
Unha última refexión: o importante para tratar na aula a sexualidade e a educación sexual é facelo con naturalidade para que os nenos vexan que é unha parte natural da forma de ser das persoas.
Fonte de documentación: documentos da plataforma Faitic
Ciclo de educación infantil: Primeiro e segundo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O corpo e a identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) e o corpo e a propia imaxe, a actividade cotiá e o coidado persoal e a saúde (2º ciclo)
Criterios de avaliación: Identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; identifica as características do seu sexo e participa en xogos, actividades, etc. independentemente do xénero (1º ciclo) e recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes; construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións; identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade; identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas (2º ciclo).
Alba Salgado Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario