As entradas desta semana tratan da sexualidade en infantil, para elo cada membro do grupo participa aportando materiais para traballar en distintos ámbitos xa sexa na aula ou no entorno dos nenos.
A sexualidade ten que ver coas nosas necesidades afectivas como o desexo, a atracción, o enamoramento… é unha forma de sentir o propio corpo, de expresar os sentimentos, de compartir a túa intimidade, de obter pracer. A sexualidade é unha parte importante na vida, sentímola, vivímola, pero non é fácil falar dela nin definila.
Desde que nacemos somos sexuados, cada idade é diferente e vívese de maneira distinta pero en todas elas é importante.
A sexualidade infantil desenvolvese e exprésase sobretodo desde a curiosidade(observación, manipulación, autodescubrimento ou preguntas) e o xogo (exploración, imitación e identificación)-
É importante responder con naturalidade ás preguntas dos nenos e permitirles que se exploren, que se miren, que se queiran, de esta maneira axudamos a que se desenvolven de forma axeitada a sua sexualidade.
Ciclo: 1º e 2º ciclo de educación infantil
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.
Fonte de documentación: La educacion sexual de la primera infancia; Nuestra sexualidad.
Almudena Nogueira López
No hay comentarios:
Publicar un comentario