O vídeo que vemos a continuación é unha breve recomendación de como debe unha familia educar no ámbito afectivo sexual.
En primeiro lugar indícanos que a implicación ten que prover tanto da familia, como do persoal sanitario e, por suposto, da escola.
Explícanos que o importante é facer entender o neno/a que pode contar con nós.
Como principal apunte para educar sexualmente recoméndanos facerlle saber cativo/a que é digno de ser querido e que é aceptado tal e como é. Isto é tan importante para os rapaces e rapazas na etapa infantil como na adolescencia.
Para chegar o diálogo cos nosos fillos/as o primeiro propósito é que nos escoiten, que sexamos capaces de falar con eles sen facer preguntas a continuación, porque para mostrarnos os seus sentimentos necesitan o seu tempo.
Por último, para educar os nosos fillos/as debemos contarlle o que pensamos e expor as nosas razóns e criterios e non imporllos para que eles escollan o seu propio camiño.
Ciclo: Primeiro e segundo ciclo de Educación Infantil que abarca dende os 0 aos 6 anos.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo, autonomía persoal e comunicación.Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.
Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe. Linguaxe verbal.
Criterios de avaliación : Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.
Fontes de información : Lexislación da Educación Infantil, Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Enlace do vídeo http://www.youtube.com/watch?v=uYZXnfJSybA&feature=player_embedded
Jorge Menor
No hay comentarios:
Publicar un comentario