jueves, 22 de septiembre de 2011

As emocións na escola

Esta é a miña primeira entrada neste blog de educación afectivo-sexual; por elo quería poñer un vídeo no que se explica unha experiencia educativa dun colexio xaponés. Na aula que sae no documental dáselle unha gran importancia aos sentimentos, ás emocións, á educación afectiva. Este vídeo pódenos dar pé para reflexionar sobre a importancia de educar as emocións en todas as escolas.
Póñovos aquí a primeira parte do documental e os enlaces das outras catro.



Para máis información:

Ciclo de Educación Infantil: Primeiro e segundo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) e o corpo e a propia imaxe (2º ciclo)
Criterios de avaliación: Identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; Acepta e amosa afecto, recoñecendo os sentimentos e emocións propios e das demais persoas; resolve positivamente os conflitos cotiáns, regulando
os seus impulsos e emocións (1º ciclo) e construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións; identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas (2º ciclo).
Fonte: Youtube.com e clase de psicoloxía da aprendizaxe.

Alba Salgado Pérez

No hay comentarios:

Publicar un comentario