Como primeira aportación ó blog escollín o tema da igualdade de sexos á hora de xogar.
Como futuros mestres de infantil, debemos ter en conta a importancia do xogo nesta etapa. A través del, os nenos/as aprenden formas de comportamento e relación, por iso temos que coidar que os xogos e xoguetes que empreguen non fomenten a violencia ou a discriminación por sexo, raza,…
Nos primeiros anos constrúese a identidade de xénero segundo o medio que nos rodea, definindo neno/nena a través de roles e gustos que marcarán os seus valores, actitudes,…
A familia e a escola axudan a formar a personalidade do neno/a, polo que dende a aula debemos fomentar novos modelos de relación entre os xéneros, o xogo libre e permitir distintas maneiras de xogar.
Para inculcar isto ós nosos alumnos, podemos ofrecerlles na aula fichas como as que adxunto (unha parella de debuxos, nos que tanto o neno como a nena teñen diversos xoguetes; un crebacabezas, coa imaxe dun neno e unha nena poñendo a mesa; un debuxo para repasar, coa imaxe dun neno e a súa boneca); explicándolles cal é o significado final que estas nos aportan. Logo podemos xogar todos xuntos ó tradicionalmente de neno (coches, fútbol,…) e noutra quenda, ó de nena (cociñar, bonecas,…) e falar dos nosos gustos, de porque todos podemos xogar coa cociña por exemplo,...
Ciclo de Ed. Infantil: primeiro e segundo.
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) -
Criterios de avaliación: identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas
como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; identifica as características do seu sexo e participa en xogos, actividades, etc. independentemente do xénero (1º ciclo) Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións (2º ciclo)
Fontes de información: adaptado de juegaconmigoblog.com/?p=145 , lexislación da Ed. Inf. en Galicia (Decreto 330/ 2009, do 4 de xuño, polo que se establece ou currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia) e fichas extraídas de educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_26_Educ-Eljuegoyeljuguete.pdf
Espero os vosos comentarios! Un saúdo
Paula Pérez Martín
Esta actividade é moi boa para aplicar na aula. Porque se queres cambiar algo na sociedade,
ResponderEliminarcomo son os xogos sexistas,estas son as idades perfectas. Soraya Silva Aparicio
Penso, como ben dis, que é moi importante traballlar cos nenos/as este tipo de cuestións, non debemos anclarnos no pasado nin fomentar o sexismo, debemos comezar a pensar e actuar doutra forma.
ResponderEliminarParéceme unha actividade moi significativa para traballar con nenos de infantil na aula. A importancia que eles lle conceden ao xogo non debe guiarse pola súa condición sexual ( se son nenos ou nenas) senón verdadeiramente polos gustos e preferencias de cada un, logrando así como ben dixo a miña compañeira Emma, non fomentar o sexismo.
ResponderEliminarActividades como estas son as que fomentan a igualdade e benefician a interacción entre nenos e nenas,e sobre todo beneficia a convivencia na aula e fóra dela.
ResponderEliminar