jueves, 3 de noviembre de 2011

A tristeza




Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/mirando-por-la-ventana e imaxes propias.



Laura Vázquez González

A ira






16/11/11

Subo de novo o vídeo, despois de corrixilo debido ás deficiencias atopadas ao velo na aula.



Ciclo: 2º ciclo

Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe e a actividade cotiá.

Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.


Fontes de documentación:
Google imágenes
Libro: La autoestima ¿Cómo desarrollarla?
http://www.youtube.com/watch?v=paiSzkmCNb8
http://www.definicionabc.com/salud/ira.php
http://kidshealth.org/kid/en_espanol/sentimientos/anger_esp.html
http://www.violetamonreal.com


Alba Salgado Pérez

O medo



Ciclo: 1º e 2º de Educación Infantil.
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, linguaxes, comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade propia e imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.
Fontes de información: audio de contos para durmir e imaxes da película Gru, mi villano favorito

Almudena Nogueira López

lunes, 24 de octubre de 2011

A envexa



Ciclo: 1º e 2º de Educación Infantil

Área de coñecemento
: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.

Bloque de contidos: Identidad e propia imaxe

Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións

Fonte de documentación: Imaxes de Google


Jorge Menor

domingo, 9 de octubre de 2011

Sexualidade: recursos para o profesorado

A sexualidade ten unha importancia vital no desenvolvemento dos nenos e nenas; por elo temos que educar desde todos os ámbitos para conseguir que os seres humanos vivan a sexualidade dunha forma sana. Por tanto tamén os mestres teñen que contribuír desde as aulas para que isto se logre. O primeiro paso para conseguilo é proporcionar formación e información aos profesores para que poidan tratar con naturalidade este tema cos seus alumnos.
Entre os documentos proporcionados pola nosa profesora a través da plataforma Faitic seleccionei dous que me pareceron especialmente interesantes para que o profesorado obteña a información necesaria para tratar a sexualidade nas aulas. Son os seguintes:



Este documento ofrece moita información sobre o que é a sexualidade e como debe ser tratada na aula. Parécenme especialmente útiles os decálogos incluidos ao comezo do documento: sobre a sexualidade, sobre a educación sexual e sobre o propio libro blanco. Estas dez ideas sobre a sexualidade e a educación sexual deberían ser o punto de partida de toda actividade de educación sexual que se leve a cabo en calquera ámbito, pero especialmente na escola.
O enlace ao documento é este: 




Este documento é un breve manual de aspectos relacionados coa sexualidade e a educación sexual. Nel inténtase definir o concepto de sexualidade, detállase a expresión da mesma nas diferentes etapas da vida, danse diferentes opinións que hai acerca da educación sexual e remátase detallando as pautas básicas do que debe ser a educación sexual. Este material destaca sobre todo porque expón as ideas de forma clara e concisa, de maneira que pode resultar útil para un primeiro achegamento ao tema da sexualidade. Este documento ten unha segunda parte que trata a anatomía e a fisioloxía masculina e feminina e os métodos anticonceptivos.
Os enlaces aos materiais son os seguintes:
1ª parte:
http://193.146.32.240/tema1112/claroline/document/goto/index.php/Documentos_profesora_M%AA_del_Carmen_Cid_Manzano/Archivos_de_inter%E9s/Nuestra_Sexualidad.pdf?cidReq=O05G110V01_G110301
2ª parte:
http://193.146.32.240/tema1112/claroline/document/goto/index.php/Documentos_profesora_M%AA_del_Carmen_Cid_Manzano/Archivos_de_inter%E9s/Nuestra_Sexualidad2.pdf?cidReq=O05G110V01_G110301

Unha última refexión: o importante para tratar na aula a sexualidade e a educación sexual é facelo con naturalidade para que os nenos vexan que é unha parte natural da forma de ser das persoas.

Fonte de documentación: documentos da plataforma Faitic

Ciclo de educación infantil: Primeiro e segundo

Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Bloque de contidos: O corpo e a identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) e o corpo e a propia imaxe, a actividade cotiá e o coidado persoal e a saúde (2º ciclo)

Criterios de avaliación: Identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; identifica as características do seu sexo e participa en xogos, actividades, etc. independentemente do xénero (1º ciclo) e recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes; construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións; identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade; identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas (2º ciclo).

Alba Salgado Pérez

A relación afectivo-sexual cos nenos

Neste post tratase o tema da relación afectivo-sexual entre os adultos e os nenos.

            Debemos saber que se fai educación sexual coas palabras que se din e que non se din, cos xestos, caricias ou mostras de afecto que se dan e que non se dan; e todo elo son elementos que sempre están presentes nas relacións que establecemos cos nenos dende que nacen.
            Do mesmo modo, os adultos educamos coa actitude propia cara a nosa propia sexualidade. Por exemplo, coa forma na que vivimos noso corpo sexuado, ou a forma na que expresamos nosa sexualidade en público. Pero tamén educamos coas nosas actitudes e coa nosa forma de sentir, pensar e actuar ante as expresións da sexualidade infantil.
            Os nenos pequenos son como esponxas, atenden a todo aquilo que ven e escoitan; perciben os sentimentos e os pensamentos máis alá das palabras. E dicir, un neno sentirá o bico dunha mestra ou as súas palabras de aprecio, pero sobre todo as ganas ou desganas con que este bico foi dado ou estas palabras foron ditas.
            Os pequenos, por tanto, sempre aprenden feitos, actitudes e condutas sexuais das persoas adultas que os educan, teñan estas ou non conciencia de elo; incluso cando o que predomina é o silencio ou o hermetismo, xa que non falar destas cuestións é xa un modo de comunicar mensaxes.
            Non hai que esquecer que a gran maioría dos aprendizaxes infantís se dan por imitación, e isto é válido tamén para a aprendizaxe sobre cómo son e deben ser as relacións.
            Os modelos que ven, perciben e intúen teñen,polo tanto,  moita trascendencia.
Tomas conciencia de estos feitos é o primer paso para empezar a facer positivo esta aprendizaxe, e axudar a que as mensaxes insáns, represivas ou negativas non formen parte do pensamento infantil.


 Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: "La educación sexual de la primera infancia". Lexislación da Educación Infantil (Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o curriculo da educación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia).


                                                                                                                              
Laura Vázquez González