Mostrando entradas con la etiqueta Xoguetes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xoguetes. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de septiembre de 2011

Fomentamos a igualdade de sexos no xogo infantil?



Como primeira aportación ó blog escollín o tema da igualdade de sexos á hora de xogar.
Como futuros mestres de infantil, debemos ter en conta a importancia do xogo nesta etapa. A través del, os nenos/as aprenden formas de comportamento e relación, por iso temos que coidar que os xogos e xoguetes que empreguen non fomenten a violencia ou a discriminación por sexo, raza,…
Nos primeiros anos constrúese a identidade de xénero segundo o medio que nos rodea, definindo neno/nena a través de roles e gustos que marcarán os seus valores, actitudes,…
A familia e a escola axudan a formar a personalidade do neno/a, polo que dende a aula debemos fomentar novos modelos de relación entre os xéneros, o xogo libre e permitir distintas maneiras de xogar. 


Para inculcar isto ós nosos alumnos, podemos ofrecerlles na aula fichas como as que adxunto (unha parella de debuxos, nos que tanto o neno como a nena teñen diversos xoguetes; un crebacabezas, coa imaxe dun neno e unha nena poñendo a mesa; un debuxo para repasar, coa imaxe dun neno e a súa boneca); explicándolles cal é o significado final que estas nos aportan. Logo podemos xogar todos xuntos ó tradicionalmente de neno (coches, fútbol,…) e noutra quenda, ó de nena (cociñar, bonecas,…) e falar dos nosos gustos, de porque todos podemos xogar coa cociña por exemplo,...


Ciclo de Ed. Infantil: primeiro e segundo.
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) - identificación e recoñecemento das características e calidades persoais cara a unha aceptación da propia imaxe, valorando positivamente as diferenzas como elemento definidor. Toma de conciencia progresiva do seu sexo, evitando a instalación prematura de estereotipos de xénero.  O corpo e a propia imaxe (2º ciclo) - valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características das demais persoas, evitando actitudes discriminatorias. Desenvolvemento da identidade sexual e aceptación do corpo sexuado feminino e masculino. Mantemento dunha actitude crítica ante os estereotipos ofertados a través da publicidade e outros medios de comunicación social.
Criterios de avaliación: identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas
como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; identifica as características do seu sexo e participa en xogos, actividades, etc. independentemente do xénero (1º ciclo) Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións (2º ciclo)
Fontes de información: adaptado de juegaconmigoblog.com/?p=145 , lexislación da Ed. Inf. en Galicia (Decreto 330/ 2009, do 4 de xuño, polo que se establece ou currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia) e fichas extraídas de educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_26_Educ-Eljuegoyeljuguete.pdf


Espero os vosos comentarios! Un saúdo 

Paula Pérez Martín