Con este blog pretendemos profundizar no que compete á educación afectivo-sexual dentro do currículo da educación infantil. Esperamos que vos gusten as nosas aportacións e que nos deixedes os vosos comentarios. Un saúdo.
Mostrando entradas con la etiqueta emocións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocións. Mostrar todas las entradas
viernes, 4 de noviembre de 2011
jueves, 3 de noviembre de 2011
A tristeza
Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/mirando-por-la-ventana e imaxes propias.
Laura Vázquez González
A ira
16/11/11
Subo de novo o vídeo, despois de corrixilo debido ás deficiencias atopadas ao velo na aula.
Ciclo: 2º ciclo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe e a actividade cotiá.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.
Fontes de documentación:
Google imágenes
Libro: La autoestima ¿Cómo desarrollarla?
http://www.youtube.com/watch?v=paiSzkmCNb8
http://www.definicionabc.com/salud/ira.php
http://kidshealth.org/kid/en_espanol/sentimientos/anger_esp.html
http://www.violetamonreal.com
Alba Salgado Pérez
O medo
Ciclo: 1º e 2º de Educación Infantil.
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, linguaxes, comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade propia e imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.
Fontes de información: audio de contos para durmir e imaxes da película Gru, mi villano favorito
Almudena Nogueira López
jueves, 22 de septiembre de 2011
As emocións na escola
Esta é a miña primeira entrada neste blog de educación afectivo-sexual; por elo quería poñer un vídeo no que se explica unha experiencia educativa dun colexio xaponés. Na aula que sae no documental dáselle unha gran importancia aos sentimentos, ás emocións, á educación afectiva. Este vídeo pódenos dar pé para reflexionar sobre a importancia de educar as emocións en todas as escolas.
Póñovos aquí a primeira parte do documental e os enlaces das outras catro.
Para máis información:
Ciclo de Educación Infantil: Primeiro e segundo
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contidos: A identidade, a autoestima e as emocións (1º ciclo) e o corpo e a propia imaxe (2º ciclo)
Criterios de avaliación: Identifica e mostra satisfacción coas características (tanto psicolóxicas como corporais) que definen a súa individualidade: nome, filiación, sexo…; Acepta e amosa afecto, recoñecendo os sentimentos e emocións propios e das demais persoas; resolve positivamente os conflitos cotiáns, regulando
os seus impulsos e emocións (1º ciclo) e construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións; identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas (2º ciclo).
Fonte: Youtube.com e clase de psicoloxía da aprendizaxe.
Fonte: Youtube.com e clase de psicoloxía da aprendizaxe.
Alba Salgado Pérez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)