Mostrando entradas con la etiqueta afectivo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta afectivo. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de octubre de 2011

A relación afectivo-sexual cos nenos

Neste post tratase o tema da relación afectivo-sexual entre os adultos e os nenos.

            Debemos saber que se fai educación sexual coas palabras que se din e que non se din, cos xestos, caricias ou mostras de afecto que se dan e que non se dan; e todo elo son elementos que sempre están presentes nas relacións que establecemos cos nenos dende que nacen.
            Do mesmo modo, os adultos educamos coa actitude propia cara a nosa propia sexualidade. Por exemplo, coa forma na que vivimos noso corpo sexuado, ou a forma na que expresamos nosa sexualidade en público. Pero tamén educamos coas nosas actitudes e coa nosa forma de sentir, pensar e actuar ante as expresións da sexualidade infantil.
            Os nenos pequenos son como esponxas, atenden a todo aquilo que ven e escoitan; perciben os sentimentos e os pensamentos máis alá das palabras. E dicir, un neno sentirá o bico dunha mestra ou as súas palabras de aprecio, pero sobre todo as ganas ou desganas con que este bico foi dado ou estas palabras foron ditas.
            Os pequenos, por tanto, sempre aprenden feitos, actitudes e condutas sexuais das persoas adultas que os educan, teñan estas ou non conciencia de elo; incluso cando o que predomina é o silencio ou o hermetismo, xa que non falar destas cuestións é xa un modo de comunicar mensaxes.
            Non hai que esquecer que a gran maioría dos aprendizaxes infantís se dan por imitación, e isto é válido tamén para a aprendizaxe sobre cómo son e deben ser as relacións.
            Os modelos que ven, perciben e intúen teñen,polo tanto,  moita trascendencia.
Tomas conciencia de estos feitos é o primer paso para empezar a facer positivo esta aprendizaxe, e axudar a que as mensaxes insáns, represivas ou negativas non formen parte do pensamento infantil.


 Ciclo: 1º e 2º ciclo de Educación Infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal; linguaxes: comunicación e representación.
Bloque de contidos: Identidade e propia imaxe.
Criterios de avaliación: Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas propias limitacións.
Fonte de documentación: "La educación sexual de la primera infancia". Lexislación da Educación Infantil (Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o curriculo da educación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia).


                                                                                                                              
Laura Vázquez González

viernes, 23 de septiembre de 2011

Educación afectivo sexual en familia

O vídeo que vemos a continuación é unha breve recomendación de como debe unha familia educar no ámbito afectivo sexual.

En primeiro lugar indícanos que a implicación ten que prover tanto da familia, como do persoal sanitario e, por suposto, da escola.

Explícanos que o importante é facer entender o neno/a que pode contar con nós.

Como principal apunte para educar sexualmente recoméndanos facerlle saber cativo/a que é digno de ser querido e que é aceptado tal e como é. Isto é tan importante para os rapaces e rapazas na etapa infantil como na adolescencia.

Para chegar o diálogo cos nosos fillos/as o primeiro propósito é que nos escoiten, que sexamos capaces de falar con eles sen facer preguntas a continuación, porque para mostrarnos os seus sentimentos necesitan o seu tempo.

Por último, para educar os nosos fillos/as debemos contarlle o que pensamos e expor as nosas razóns e criterios e non imporllos para que eles escollan o seu propio camiño.




Ciclo: Primeiro e segundo ciclo de Educación Infantil que abarca dende os 0 aos 6 anos.

Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo, autonomía persoal e comunicación.Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.

Bloque de contidos: O corpo e a propia imaxe. Linguaxe verbal.

Criterios de avaliación : Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.

Fontes de información : Lexislación da Educación Infantil, Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Enlace do vídeo http://www.youtube.com/watch?v=uYZXnfJSybA&feature=player_embedded


Jorge Menor